Debido á miña diversa formación e experiencia adquirín numerosos recursos que poño en práctica desenvolvendo
o que máis me gusta e apaixona: o deseño e a programación en todas as súas disciplinas e formatos.
Veño do deseño gráfico e a dirección de arte, pasei polo deseño UX/UI e o desenvolvemento frontend,
e hoxe tamén desenvolvo backend con PHP e Laravel. En definitiva, son unha Deseñadora e Desenvolvedora Full-Stack:
podo participar en todas as fases da realización dun proxecto.
No ámbito do deseño, son especialista en usabilidade e experiencia de usuario (UX) e na
creación de interfaces para web, móbil e apps (UI), sen perder de vista o deseño e a creatividade.
Como directora de arte analicei proxectos, estudei obxectivos e clientes, deseñei
propostas gráficas e supervisei a súa elaboración.
No desenvolvemento, traballo con linguaxes e tecnoloxías web como HTML, CSS, JavaScript e PHP,
escribindo código limpo, reutilizable, responsive e optimizado de cara ao posicionamento nos
buscadores. Integro e desenvolvo APIs, o que me permite ampliar a funcionalidade de cada proxecto
e personalizalo ata o detalle: pasarelas de pago, mapas, CRMs, servizos de terceiros ou
desenvolvementos propios.
Manexo a nivel experto as ferramentas de Adobe Creative Cloud (Photoshop, Illustrator, After Effects,
Premiere e InDesign), CMS como WordPress, plataformas de comercio electrónico (e-commerce) como PrestaShop
e WooCommerce, frameworks como Bootstrap (CSS) ou Laravel (PHP) e programas de prototipado como Figma.